Un espazo para compartir coñecementos e experiencias sobre saúde integral.
O Victoria FC, dentro das actividades do X Aniversario da súa sección feminina, presenta as I Xornadas “Claves para unha boa saúde mental e física”, unha iniciativa destinada a reforzar o compromiso do club coa formación nun contexto no que o coidado integral das persoas é esencial.
Estas xornadas nacen coa vontade de crear un espazo de formación, reflexión e encontro arredor do coidado da saúde física e mental no ámbito deportivo. Buscan ofrecer ferramentas sinxelas, prácticas e aplicables ao día a día, tanto dentro como fóra do deporte.
A actividade vai dirixida a xogadoras e xogadores, persoal técnico, familias e calquera persoa interesada en aprender como coidar e reforzar o seu benestar físico e emocional. Preténdese fomentar un espazo de aprendizaxe compartida onde deportistas, familias e profesionais poidan intercambiar experiencias e adquirir coñecementos útiles para unha práctica deportiva segura, consciente e saudable.
Catedrático na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo
É autor de numerosos libros e publicacións en revistas internacionais sobre fútbol e deportes de equipo. Participa como docente en distintos Mestrados e Cursos de Especialización en entrenamento deportivo. Exerceu como asesor e analista en diversos clubes profesionais. Colaborador habitual de distintos medios de comunicación. Actualmente colabora con LaLiga e el Barça Innovation Hub. Está incluído na lista do 2% dos científicos máis citados do mundo na área de Ciencias do Deporte, the World's Top 2% Scientists. Ademais, é o investigador máis citado en Ciencias do Deporte en España. Director do Instituto de Investigación en Ciencias do Deporte da Universidade de Vigo.
Proximamente
Dietista - nutricionista especializada en nutrición deportiva
Foi deportista de alto nivel en piragüismo donde comezou a súa vocación pola nutrición e, en especial, a nutrición deportiva. Actualmente traballa con deportistas de alto nivel e amateur de diferentes disciplinas. É, tamén, antropometrista ISAK II e conta con Máster en suplementación deportiva.
Proximamente
Especialista en Medicina de Urxencias e Emerxencias
Responsable da secretaría de MUYEres na Sociedad Española de Medicina de Urgencias y Emergencias. Doutora en Medicina pola Universidade Autónoma de Madrid, 2024.Máster en Medicina de Urxencias e Emerxencias pola Universidade Complutense, 2016.Máster en Dereito Sanitario e Bioética pola Universidade de Castela a Mancha, 2012.
Proximamente
Médico Intensivista do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela (CHUS)
Especialista que trata a pacientes en estado crítico ou grave na unidade de cuidados intesivos. Vicecoordinadora autonómica do PNRCP. Doutora pola Universidade de Santiago de Compostela.
Proximamente
Profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela
Membro do Grupo Galego de Estudos para a Formación e a Inserción Laboral (GEFIL) e da Rede RIES (Rede de Inmigración, Educación e Sociedade). Formou parte do persoal científico do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da USC, no que foi coordinadora do Seminario Permanente de Emocionalidade, Xéneros e Desenvolvemento Humano (EXDEHU). Participou na organización das tres edicións do Curso de Especialización en Educación Emocional, dezaoito edicións do Curso de Verán Novas Fronteiras na Igualdade de Oportunidades e múltiples colaboracións con centros educativos e entidades formativas da Comunidade Autónoma de Galicia. Relatora en numerosas xornadas, encontros e cursos de formación vinculados ás súas principais liñas de investigación: titoría e orientación educativa, xéneros e coeducación, educación emocional e competencias docentes en formación profesional.
Proximamente
Profesora do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela
É membro do Grupo Galego de Estudos para a Formación e Inserción Laboral (GEFIL), do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) e do Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX). O seu traballo desenvólvese principalmente arredor das pedagoxías feministas e da coeducación. Así mesmo, centra a súa labor docente e investigadora na prevención do acoso sexual e por razón de xénero, orientación sexual e identidade de xénero, no enfoque ecofeminista na educación e no estudo das violencias de xénero, ámbitos dos que derivan a maior parte das súas publicacións e proxectos. Ten sido poñente en numerosas xornadas e encontros relacionados con estas temáticas.
Proximamente
Coordinador do Servizo de Urxencias no Hospital Clínico de Santiago de Compostela
Médico especialista en Medicina de Urxexncias. Profesor asociado da Universidade de Santiago de Compostela.
Proximamente
Psicóloga clínica
Máis de 20 anos de experiencia clínica en diversos dispositivos asistenciais da rede sanitaria pública. Comprometida cos dereitos das persoas con problemas de saúde mental,participa como portavoz do Movemento Galego da Saúde Mental.
Proximamente
Médico especialista en medicina do deporte
Responsable dos servizos médicos da SD Compostela (1988-2024), do Lobelle FS (2003-2012),do Santiago Futsal (2012-2020), do Meigas FS (2019-actualidade) e do Obradoiro CAB (1986-1990, 2009-2010, 2023-actualidade).
Proximamente
Graduadas en Fisioterapia pola Universidade da Coruña
Ambas manteñen unha forte vinculación co ámbito deportivo. Raquel destaca pola súa traxectoria como xogadora de fútbol e, tamén como adestradora. Lidia foi ximnasta a nivel nacional e, actualmente, exerce como xuiza de atletismo e ximnasia rítmica. Xuntas unen a experiencia clínica e deportiva para ofrecer unha visión integral da fisioterapia aplicada ao deporte.
Podes inscribirte pulsando no seguinte botón.
Inscribirme ás Xornadas
A súa consulta será respondida nun prazo máximo de 24 horas.